Evento: La Burla Negra
La Burla Negra
La Burla Negra é un gran barco pirata que leva anos sucando os mares das costas galegas na procura de grandes tesouros.
Capitaneado por unha das piratas máis astutas e temibles, Faneca Jean, suca os mares contra vento e marea acompañada das súas dúas grumetes, Carantoña e Lorcha, que crearán momentos cómicos no seu adestramento para conseguir ser unhas auténticas piratas. Deberán aprender a manexar as súas armas e enfrontarse ao público capturando reféns para o seu barco. Só así conseguirán atopar o tesouro que o seu tío, Sir John Lord Faneca escondeu nunha praia inhóspita onde só pódese chegar co mapa indicado.
¿Conseguirán estas 3 piratas atopar o tesouro?.
Público recomendado a partir de 4 anos de idade.
Duración:50 min
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño


