Evento: Don Juan

Don Juan
sábado, 2 xullo, 2016 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Don Juan

Revisión deste clásico por parte da compañía Voadora, na que se parte das biografías das persoas maiores que a protagonizan

Taller de teatro e representación da obra Don Juan coa compañía Voadora e persoas da Residencia Torrente Ballester da Coruña.

Un elenco formado por entre 18 e 22 persoas maiores de 65 anos.

Non é preciso experiencia teatral. Durante 12 días traballarán en conxunto cos integrantes da compañía Voadora: Marta Pazos, Hugo Torres e Jose Díaz e cun equipo de apoio formado por rexedores, tramoias, técnicos de luces e son.

O obxectivo é montar un espectáculo de 90 minutos de duración que explore os conceptos tratados na obra Don Juan de Molière: amor, paixón, familia, reputación, sexo, morte... desde a perspectiva da terceira idade na sociedade actual tendendo pontes entre a rebeldía do protagonista da obra e o día a día das persoas integrantes do elenco.

O proxecto acaba coa presentación pública do espectáculo resultante.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Animaladas
26 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Aldán
O traxe novo do rei
26 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Foz Salgado Toimil
Danza 3 | O Fiadeiro
28 de abril
Praza do Convento
Totally Tina
4 de maio
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo