Evento: Fíos do querer
Fíos do querer
Proxecto de libro disco para meniños de 0 a 3 anos. Coa música de Cé Orquestra Pantasma e coas ilustracións de Cristina Ouro.
César Freiría logo de pasar por diferentes grupos dentro da música tradicional como A Roda, Aradouro, grupos de gaitas, rondallas de nadal,... grupos de punk como Oxtiax Ke Te Pariu,... ármase en solitario como home orquestra.
Unha chea de horas investidas deron como resultado a Cé Orquestra Pantasma, unha banda versátil e con aire festivo que xurdiu oficialmente a comezos do verán de 2008.
Actualmente distribúe a súa actividade musical entre a docencia como mestre de música nun colexio en Santiago de Compostela, como músico en solitario con Cé orquestra pantasma e como integrante dalgúns grupos como O Ciprián e mailo Can, Oxtiax Ke Te Pariu e os Arrrebentapeitos.
Máis eventos de tipo Concerto