Evento: Xurdefet (Jour de fête)

Xurdefet (Jour de fête)
domingo, 18 marzo, 2018 - 18:00
Auditorio Municipal de Vigo,
Vigo

Xurdefet (Jour de fête)

Espectáculo de teatro infantil da compañía Berrobambán

Doce textos que conforman un espectáculo estruturado en tres partes:

A ollada cara atrás, recuperando a perspectiva da infancia, aínda que iso provoque un desencontro co mundo e as prioridades que se definen ao chegar a idade adulto; as fábulas nas que os animais e as nenas e nenos son cómplices ao cuestionar as convencións que lles impoñen os seres humanos adultos; e  a conclusión de que se debe aprender dos cativos para conseguir que cada día sexa un día de festa, romper as rutinas establecidas, dos dogmas, cuestionar o paso do tempo.

A compañía escolleu a Jacques Prévert porque os seus textos, segundo Berrobambán, reflicten a luz da infancia nunha época difícil; a Prévert porque a súa mirada descobre os pequenos milagres da  contorna: a natureza, os animais, as persoas, para descubrir grazas á música das súas palabras algúns momentos de auténtica felicidade nunha sociedade cada vez máis hostil e desapiadada. E finalmente, escolleron a Prévert porque é subversivo, anárquico e surrealista.

Esta programación pode sufrir  modificacións. Confirma datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña