Evento: Xurdefet (Jour de fête)
Xurdefet (Jour de fête)
Doce textos que conforman un espectáculo estruturado en tres partes:
A ollada cara atrás, recuperando a perspectiva da infancia, aínda que iso provoque un desencontro co mundo e as prioridades que se definen ao chegar a idade adulto; as fábulas nas que os animais e as nenas e nenos son cómplices ao cuestionar as convencións que lles impoñen os seres humanos adultos; e a conclusión de que se debe aprender dos cativos para conseguir que cada día sexa un día de festa, romper as rutinas establecidas, dos dogmas, cuestionar o paso do tempo.
A compañía escolleu a Jacques Prévert porque os seus textos, segundo Berrobambán, reflicten a luz da infancia nunha época difícil; a Prévert porque a súa mirada descobre os pequenos milagres da contorna: a natureza, os animais, as persoas, para descubrir grazas á música das súas palabras algúns momentos de auténtica felicidade nunha sociedade cada vez máis hostil e desapiadada. E finalmente, escolleron a Prévert porque é subversivo, anárquico e surrealista.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirma datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



