Evento: Do realismo no cine ao xénero documental

  • Nexos 2016
Do realismo no cine ao xénero documental
sábado, 16 xaneiro, 2016 - 12:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Do realismo no cine ao xénero documental

Gracia Querejeta abre o Nexos 2016 cun relatorio sobre o cine como testemuña

Desde o mesmo instante en que naceu o cine, poderiamos trazar unha (hipotética) divisoria entre dúas grandes correntes. Aquela que buscou entreter ás masas mediante a ficción e aqueloutra que quixo contar unha verdade, sexa intimista ou como forma de denuncia. O cine como evasión ou como testemuña. Esta sesión afondará na segunda delas, a que podemos identificar co cine socialista soviético, co neorrealismo italiano, co naturalismo escandinavo, co free cinema, coa nouvelle vague, co realismo crítico español e todas aquelas tendencias que se caracterizaron por un forte compromiso estético ou social. O que nos leva inevitablemente a preguntarnos polo auxe actual do xénero documental e polo seu status dentro da cinematografía. 

Programa

12:00 | Entrevista: Gracia Querejeta. Directora de cine. A súa ópera prima “Una estación de paso” (1992) foi merecedora do premio especial do xurado na SEMINCI de Valladolid. Desde entón, ten desenvolvido unha carreira artística inzada de recoñecementos. Acadou por duplicado o premio á mellor película do Festival de Cine Español de Málaga, cos filmes “Héctor” (2004) e “15 años y un día” (2013), mentres que “Siete mesas de billar francés” (2007) obtivo dous premios Goya e dous premios do Festival de San Sebastián. Na actualidade é vicepresidenta da Academia do Cine. 
13:15 | Proxección das curtametraxes documentais: “Galicia” (8’) e “Ser e Voltar” (14’). A continuación da mítica peza de Carlos Velo, proxectaremos unha curta de Xacio Baño, rodada en 2014, seleccionada para o Festival de Locarno (Suiza) e gañadora do premio Canal + no Festival de Clermont – Ferrand (Francia). Da Galicia rural de 1936 á Galicia rural de hoxe. 

+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/do-realismo-no-cine-ao-xenero-d...

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde