Evento: Concerto de Maskarpone
Concerto de Maskarpone
Concerto de Maskarpone
Actuación da banda ourensá de ska
Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore - voz, Carlinhos - batería, David - guitarra, Negro - baixo e Elías - guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo. Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.
No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente.
No 2014 sacan o seu primeiro CD con 5 temas.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto