Evento: Concerto de Davide Salvado

  • Lobos de Davide Salvado
Concerto de Davide Salvado
venres, 4 marzo, 2016 - 22:30
Praza da Igrexa de Lalín,
Lalín

Concerto de Davide Salvado

Actuación do músico de Marín presentando Lobos

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

Lobos é amor actual pola tradición, pola terra, pola lingua,... este novo traballo aínda que conceptualmente segue a liña habitual de Davide Salvado, pero abordado dun xeito moito máis íntimo, tanto a nivel emocional como a nivel de traballo.

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
The Blues Moonshiners
3 de maio
La Pecera
Ilegales
3 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5