Evento: Concerto de Tres Pesos
Concerto de Tres Pesos
Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.
O proxecto nace ó longo do ano 2013 e sae a escea por primeira vez nas festas de San Pedro do ano 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo "Acta Fundacional" foi grabado nos estudios da Radio Galega no ano 2014 e concentra en 9 temas a esencia do que son os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoxe.
Máis eventos de tipo Concerto