Evento: Tristán cara de can

Tristán cara de can
domingo, 15 novembro, 2015 - 12:30
Centro Sociocultural José Saramago de Vite,
Santiago de Compostela

Tristán cara de can

Comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados da compañía Elefante Elegante

Pensada para o público infantil de 3 a 12 anos, a montaxe conta a historia de Tristán, un rapaz que un día, de tan triste que estaba, decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

O seu é a comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. 

Espectáculo dentro da programación 12 doces de outono

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés