Evento: Manuel Rodríguez López: Emigrante Galego, Poeta Obreiro
Manuel Rodríguez López: Emigrante Galego, Poeta Obreiro
mércores, 4 novembro, 2015 a luns, 30 novembro, 2015
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Manuel Rodríguez López: Emigrante Galego, Poeta Obreiro
A exposición sobre Manuel Rodríguez López recolle, en oito paneis, diversos aspectos da vida e obra do escritor de Paradela (Lugo).
Esta exposición itinerante forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez que GaliciaDigital e a familia do escritor emprenderon en 2012, co apoio dos concellos de Paradela e Lugo, Deputación de Lugo e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Composta por oito paneis, recolle diversos aspectos da vida e obra do escritor. Manuel Oreste Rodríguez López naceu en Paradela (Lugo) no ano 1934. Con tan só seis anos emigrou cos seus pais a Barcelona, onde viviu a maior parte da súa vida. En 1987 volveu a Galicia ata falecer en Lugo. Está considerado o mellor poeta obreiro do século XX en Galicia.