Evento: Catro pezas febrís… que é a música hoxe?
Catro pezas febrís… que é a música hoxe?
Coa súa actitude de (re)descubrimento e (re) interpretación o novo dúo galego-portugués KONTAKTEduo reúne tres perspectivas distintas de son, gramática musical, xesto e intención: o virtuosismo técnico do neozelandés John Psathas en Happy Tachyons, a obsesiva escrita do Tombeau do francés Philippe Hurel e o xogo de ataque/resonancia das Quatre Pièces Fébriles do grego Georges Aperghis.
Pneuma XI, do norteamericano Daniel Steffey, abre o concerto nunha tentativa de desafiar as fronteiras da interpretación/composición, instrumentista/músico, músico/home…
KONTAKTEduo pretende cuestionar que é a música hoxe. Daniel Steffey (1986) Pneuma XI (2014) Georges Aperghis (1945) Quatre Pièces Fébriles (1995) Philippe Hurel (1955) Tombeau in memorian Gérard Grisey (1999) John Psathas (1966) Happy Tachyons (1996)
KONTAKTEduo
Carlos Puga percusión
Patrícia Martins piano
Concerto de balde, previa retirada de entrada