Evento: Andrés Penabad Trío
Andrés Penabad Trío
Andrés Penabad Trío
O experimentado acordeonista Andrés Penabad Trío presenta o seu primeiro traballo en solitario 'Crossing'
Andrés Penabad é un acordeonista folk cunha longa traxectoria profesional. Despois de formar parte, durante dez anos, de Muxarega e colaborar con outros músicos coma Kepa Junquera, Óscar Fernández ou Pablo Díaz, lanza o seu primeiro traballo en solitario: Crossing.
O disco está formado por once temas nos que o acordeón é o protagonista. Está producido por Fernando Barroso, que compuxo parte das cancions e puxo o son do seu bouzouki. Do mesmo xeito, participan nel Kepa Junquera, Bieito Romero, Davide Salvado, Edelmiro Fernández e Pedro Fariñas. Andrés Penabad conta con diferentes formacións para poder axustarse a todos os espazos e momentos.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

30 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña

31 de maio, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo

7 de xuño, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Barrio - Ourense

7 de xuño, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña