Evento: Onde está o Mago Antón?
Onde está o Mago Antón?
Onde está o Mago Antón?
Unha chea de sorpresas por arte de maxia
Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?, unha nova produción que supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas: o moneco Facundo, aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia… Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de orixinais xogos de maxia.
Dirección: Mago Antón
Para todas as idades.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se celebra.