Evento: Concerto de Carapaus

  • Carátula Carapaus
Concerto de Carapaus
venres, 28 agosto, 2015 - 23:00
Naves de Ojea,
Cangas

Concerto de Carapaus

Actuación do grupo de música tradicional galega

Un carapau é un peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus (Linné, 1758) pertencente á familia dos Carangidae; tamén adoita chamarse xurelo, xirelo, chicharro ou chincho na súa xuventude.

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de CAIM Gaita na EMAO.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda