Evento: Festival Internacional do Emigrante
Festival Internacional do Emigrante
sábado, 1 agosto, 2015 - 22:00
Campo de fútbol As Valgas (S. Miguel de Reinante),
Barreiros Festival Internacional do Emigrante
34 Edición do Festival folclórico declarado Festa de interese turístico de Galicia
A parroquia de San Miguel de Reinante en Barreiros reúne desde 1980 a grupos de danza e música folclórica de Galicia, doutras comunidades autónomas e doutros continentes, con motivo da celebración do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que organiza a Asociación Folclórica O Arco da Vella.
Coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego, que acadou no ano 2007, recoñécese a súa singularidade, o arraigamento e o valor cultural que a tinguiu en máis dun cuarto de século de vida.
Nesta 34ª edición os grupos participantes son:
- Agrupación Kriba Budaya de Indonesia
- Academic Akud Mika Mitrovic de Belgrado (Serbia)
- Frupo Folclórico La Rosa del Azafrán de Consuegra (Toledo)
- A.F. O Arco da Vella grupo organizador de San Miguel de Reinante
En caso de que a climatoloxía non permita o acto ao aire libre o espectáculo celebraríase no Pavillón.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

14 de xuño a 22 de xuño

22 de xuño