Evento: Lugnasad de Bretoña
Lugnasad de Bretoña
O Lugnasad é a festa do deus Lugh, a celebración do verán celta. Nela había importantes relacións sociais e comerciais; duraban máis de quince días e facíanse trasacións e competicións de cabalos (os curros e a rapa das bestas), así como comer e beber en abundancia. Un aspecto singular desta festa era o carácter matrimonial da mesma. No Lugnasad os mozos e mozas escollían á súa parella para pasar o inverno xuntos. Confirmaban o matrimonio dándose a man a través dun penedo furado e prevalecía ata o ano seguinte no que tiñan que renovar o ritual, excepto que acordasen deixalo, decisión que xa podían tomar na festa do Beltaine (primavera).
Con esta festa do Lugnasad, a Asociación Xuvenil Auruxeira tenta amosar dun xeito lúdico-didáctico unha idea xeral dunha cultura e dunha época que marcou a esencia e as bases que máis caracterizan e diferencian a cultura galega.
Na programación destacan tamén os concertos, a partir das 22:30h.
- Son de Cores
- Os d'Abaixo
- Coanhadeira
- Sacha na Horta