Evento: A Rapa das Bestas de Sabucedo

venres, 5 xullo, 2019 (hora sen determinar) a martes, 9 xullo, 2019 (hora sen determinar)
Curro de Sabucedo
, A Estrada

A Rapa das Bestas de Sabucedo

Trátase dunha tradición ancestral cun forte compoñente ritual

Entre todos os curros ou rapas das bestas que teñen lugar en Galicia durante o verán, o de Sabucedo destaca por conservar a pureza da tradición.

Este é o único curro no que os aloitadores se enfrontan cos cabalos de igual a igual, sen cordas nin paus, para inmobilizalos e raparlles as crinas.

Mozos e mozas da parroquia inícianse cada ano nunha tradición centenaria que levan no sangue, un xeito de entender a vida en comuñón cos cabalos. Un código de accións que aprenden desde nenos, baseado na acción e colaboración de tres aloitadores, é a forma en que establecen a nobre e perigosa loita coas bestas para conseguir vencelas.

A rapa de Sabucedo fíxose sempre nun recinto de pedra (o curro) no centro da aldea. Desde hai uns anos, desprazouse ao curro novo, feito de cachotaría, onde é seguida por un multitudinario público.

A sona da rapa de Sabucedo, unha tradición ancestral, cun forte compoñente ritual, recibiu a atención de antropólogos e estudosos de todo o mundo.

Celébrase baixo a protección de San Lourenzo –parte dos cabalos salvaxes pertencen ao santo, é dicir, á parroquia, e son estes os que se rapan na festa–, a quen se encomenda o pobo na misa do amencer do sábado. Veciños e visitantes saen despois ao monte, con provisións para repoñer forzas, a buscar os cabalos e conducilos cara ao curro, nunha singular experiencia turístico-etnográfica.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Dorna
18 de xullo a 24 de xullo
varios espazos
Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
19 de xullo a 21 de xullo
Parroquia de Esteiro
Feira do Viño do Rosal
19 de xullo a 21 de xullo
O Calvario
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
20 de xullo a 21 de xullo
Bouzas