Evento: Vive o Castelo

  • Cartel do espectáculo
Vive o Castelo
xoves, 20 agosto, 2015 - 20:00
Castelo de Monterrei,
Monterrei

Vive o Castelo

Visitas guiadas e teatralizadas. Tradición, música, contacontos, circo

O castelo de Monterrei, un dos sitios históricos máis destacados de Galicia, conforma o marco monumental que recolle a memoria da Casa de Monterrei dende a Idade Media ata os tempos napoleónicos, pasando pola época dos Reis Católicos.

O programa "Vive o castelo" componse de actividades para que toda a familia poida gozar desta acrópole, con variedade de propostas culturais, que engloban desde o aspecto máis cultural, co coñecemento do propio castelo, ata o máis festivo con actuacións musicais, degustacións gastronómicas, circo e contacontos, entre outras.

Programación completa:

23 de xullo

  • 19.00 Mesa Redonda: "Monterrei: Nobleza, Tradición, Cultura e Peregrinación"
  • 20.00 Visita Guiada Teatralizada
  • 20.30 Talabarte: "Ao Son da Cociña"

30 de xullo

  • 20.00 Visita Guiada Teatralizada
  • 20.30 Gala de Circo no Castelo: Mago Teto, Os Sete Magníficos Máis Un, Circo Chosco e Magnifique Bande dos Homes Sen Medo. Presenta: Luís Iglesia
  • 22.30 Visita Guiada Teatralizada

6 Agosto

  • 20.00 Visita Guiada Teatralizada
  • 20.30 Música no Castelo: Emilio Rúa, Uxía & Narf
  • 23.00 Visita Guiada Teatralizada

13 de agosto

  • 20.00 Visita Guiada Teatralizada
  • 20.30 Un Castelo de Conto: Os Quinquilláns, Daboapipa e Paco Nogueiras
  • 23.00 Visita Guiada Teatralizada

20 de agosto

  • 20.00 Visita Guiada Teatralizada
  • 20.30 Música no Castelo: Guadi Galego e Guezos
  • 23.00 Visita Guiada Teatralizada

Entrada libre e capacidade limitada.

Descargas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal