Evento: Concerto de Pan de Capazo
Concerto de Pan de Capazo
Pan de Capazo é un grupo que naceu no ano 2002, da man de varios amigos e unha mesma inquietude musical, na procura dunha tímbrica e un repertorio enérxico e poderoso.
Empezaron tocando música antiga, saltarellos, branles e cantigas, que mesturaban cun repertorio máis moderno e autóctono como muñeiras, polkas, charradas, brincaos, romances e xotas, ademais de ritmos e melodías de Europa central (bourrés, andrós ou mazurcas).
Concibiron un concerto moito máis elaborado, cheo de enerxía irrefreable, de melodías fantásticas, de instrumentos doutros tempos,... e de moito humor. Concerto de bailes e risas, de paixón acesa e puños no alto. Folk de raíz, pero sen prexuízos, as súas composicións transmiten non só o que viviron, senón tamén o que soñaron.