Evento: Concerto de Is Tropical

  • Directo de Is Tropical
Concerto de Is Tropical
sábado, 1 agosto, 2015 - 21:00
Praza Central (Cidade da Cultura),
Santiago de Compostela

Concerto de Is Tropical

Actuación da banda londinense dentro do Atardecer no Gaiás

Formados en Londres en 2009, o cuarteto viu como en pouco tempo se convertía nunha das bandas novas máis importantes da actualidade.
"Native To", debut publicado en 2011, foi unha grande carta de presentación, unha colección de cancións frescas a medio camiño entre o pop independente e a electrónica.
Co seu terceiro traballo de estudo "Black Anything" conságranse como un grupo máis conceptual e refórzase en formato de cuarteto tras a inclusión definitiva de Kirstie Fleck.

Son igualmente coñecidos polos seus impactantes e imaxinativos videoclips. E é que desde a súa formación en 2009 a seu electro-pop tan bailable como inquietante foi acompañado da provocación visual. 

Máis eventos de tipo Concerto

Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe