Evento: Festifolk Costa da Morte

  • Festifolk
Festifolk Costa da Morte
sábado, 20 xuño, 2015 a domingo, 21 xuño, 2015
Praza do Concello,
Carballo

Festifolk Costa da Morte

Festival musical para ensalzar a música feita nesta comarca

O obxectivo do festival é amosar o potencial musical da comarca máis occidental de Galicia e sobre todo da gaita, o instrumento máis característico da bisbarra. Con este propósito reuniranse en Carballo ao maior número posible de gaiteiros para mostrar toda a forza da música tradicional e, dalgunha maneira, visualizar e homenaxear a todos cantos dedican o seu tempo libre a continuar dándolle vida á tradición, a potenciala e anovala. Está previsto que as actividades comecen ás 16.30 horas, co desfile de todos os gaiteiros e gaiteiras polas rúas principais de Carballo. Todos interpretarán tres pezas previamente consensuadas con todos os grupos. Unha vez rematado o percorrido, ás 18.30 horas, entregarase o premio ao Gaiteiro do Festifolk. Xusto a continuación, todos os gaiteiros concentrados na Praza do Concello interpretarán ao unísono os tres temas que xa tiñan interpretado polas rúas de Carballo, xunto coa Marcha do Antigo Himno do Reino de Galicia.

Ás 22.00 horas iniciarase o festival nocturno, coa actuación de Birimbao, que rematará o seu concerto ás 22.45. Será ás 23.00 horas cando comece a súa actuación o grupo Luar na Lubre.

Descargas

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos