Evento: Express Arte

  • Cartel do espectáculo
Express Arte
domingo, 11 marzo, 2018 - 20:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela
Representación do espectáculo da compañía Bocaberta

Express Arte é o espectáculo total: clásico, moderno, medieval e contemporáneo. Pero sobre todo e ante todo... un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as artes, unha viaxe cara á súa expresión.

Marco e Paola Gambini son dous artistas con posturas encontradas no que á concepción da arte se refire pero con un obxectivo común: a procura da expresión. Ancorados esteticamente nos anos oitenta e con aires de orquestra desfasada, esta parella artística fará un percorrido en clave de humor a través da arquitectura, a escultura, a pintura, a música, a poesía, a danza, a fotografía e a cinematografía.

Un espectáculo no que a muralla de Lugo e o acueducto de Burgos (que non de Segovia) conversan sobre as súas vidas ou no que dous vaqueiros do Oeste fan a súa particular versión do filme O bo, o feo e o malo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
16 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Tromsø
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cancións amarelas, flores tristes
16 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Mulleres que viven soas
16 de maio, 20:30
Casa da cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña