Evento: Concerto da Banda Artística de Merza

  • Banda Artística de Merza
Concerto da Banda Artística de Merza
domingo, 22 novembro, 2015 - 13:00
Praza da Inmaculada,
Santiago de Compostela

Concerto da Banda Artística de Merza

Actuación da banda encadrada no Ciclo Música no Camiño

Este ciclo de actuacións de bandas de música populares constitúe un agradecemento aos numerosos peregrinos que veñen a Santiago de Compostela como etapa final do Camiño. Deste xeito, despois da misa do peregrino, os camiñantes poderán deleitarse durante unha hora con estes concertos sen ter que realizar ningunha reserva previa e sen ningún tipo de custo.
O ciclo, ademais, contribuirá á divulgación, defensa, asesoramento e promoción das Bandas Populares da nosa comunidade en particular e a música galega en xeral.

Neste caso péchase o ciclo coa actuación da banda máis antiga de Galicia, fundada no 1828.

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5