Evento: Son san
Son san
O protagonista é un neno chamado Xan (está construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco). Cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis. Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).
Son San é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.
A través do percorrido de Xan as nenas e nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha dieta saudable. Tamén reforzarán o seu coñecemento sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que decobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.
Data e hora. venres 20 de decembro ás 18.00 h
Público destinatario: infantil, a partir de 3 a 9 anos (acompañado de ata dous familñiares)
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 17 de setembro ás 9.00 h