Evento: Dance join

Dance join
sábado, 11 outubro, 2025 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Espectáculo a cargo de Marta Alonso Tejada

Dance Join é unha proposta innovadora e interactiva que fusiona danza, clown e música, ideal para ser presentada en espazos non convencionais, salas, prazas, parques ou festivais de rúa. Un espectáculo que disolve as fronteiras entre artistas e espectadores, invitando ao público a formar parte activa dunha experiencia compartida.

A través dunha estética impactante e un ritmo frenético, Dance Join cuestiona a velocidade na que vivimos, onde os tempos se aceleran e a fragmentación da realidade nos deshumaniza. A escenografía transforma espazos con creatividade, convertendo o escenario nunha pista de baile que se constrúe xunto ao público, e facendo da participación unha parte fundamental da trama.

Con un deseño visual e un enfoque performativo que atrae e desafía, Dance Join non só entretén, senón que tamén convida a reflexionar sobre o caos da sociedade moderna e as formas de liberación a través da danza. Un espectáculo onde todo se volve posible, desde o xogo á reflexión, pasando pola celebración colectiva.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Un deus salvaxe
3 de setembro, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
DIQUE
11 de setembro, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense