Evento: Los yugoslavos

Los yugoslavos
sábado, 20 setembro, 2025 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Un espectáculo a cargo de Producción Alternativa Contemporánea Off

En Los yugoslavos todo empeza cando un camareiro pide axuda a un cliente a quen viu levantar, con palabras, o ánimo doutro. O que o camareiro roga a ese descoñecido é que fale coa súa esposa, a cal parece estar a se afundir na tristeza e o silencio. O camareiro espera que o cliente descubra as palabras salvadoras que el non é capaz de atopar para a súa muller.

Ela, á súa vez, camiña mapa en man pola cidade buscando un lugar que chaman Los yugoslavos, quizá outro bar onde seica se reúnan persoas que teñen en común nacer nun país que xa non existe. Ata que unha rapariga lle ofrece, a cambio do seu, outro mapa.

Los yugoslavos é unha obra sobre o amor, a tristeza, a procura dun lugar e a esperanza nas palabras. Os seus personaxes son dous homes que intercambian palabras e dúas mulleres que intercambian mapas.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Charlatán Rodríguez
26 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense