Evento: Charlatán Rodríguez

Charlatán Rodríguez
martes, 26 agosto, 2025 - 20:30
Sala Bahía,
Foz

Charlatán Rodríguez

Un espectáculo a cargo de Rendos Pequeno

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.

Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense
Castelao
19 de setembro, 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña