Evento: A filla do cacharulo

A filla do cacharulo
domingo, 31 agosto, 2025 - 20:00
Praza de O Regueiro,
A Illa de Arousa

A filla do cacharulo

Espectáculo de teatro a cargo de Teatro Babaluva

Este espectáculo, liderado   por Mirari, a directora creativa de “ A filla do cacharulo”, e acompañado pola destreza musical de Merran Laginestra ao piano, busca non só entreter senón tamén sensibilizar sobre a importancia da amizade, a creatividade e o coidado do noso entorno.

Como estratexia comercial, Mirari, nas feiras de artesanía monta o seu posto coma se fose unha especie de peixería. Para atraer aos clientes, Mirari, animará o posto contando e cantando historias sobre o mar no que os protagonistas serán encarnados polas súas figuriñas. Sardiñas, rodaballos, peixes abisais, caranguexos e troitas son a especialidade da casa.

Con historias como “ Quen todo quere todo perde”, a fabula de “ A raposa e o caranguexo”, e o conto “ O peixe luminoso” de Italo Calvino. O espectáculo fala sobre a solidaridade entre os pobos e a necesidade de pór freo a avaricia do capital e a súa insaciable acumulación da riqueza que puxeron en perigo os fundamentos da vida no noso planeta. Pretensións non só lexítimas senón indispensables para manter habitable o noso mundo, concienciando aos máis pequenos e ás familias para que as mensaxes váian filtrando nos seus cerebros e corazóns desde a festa, a música e a poesía.

Coa colaboración de Merran Laginestra, cuxas melodías abrazan desde a profundidade da tradición musical galega ata a universalidade da música clásica e o jazz, “ A filla do Cacharulo” promete ser unha experiencia inesquecible que deixará unha pegada indeleble no  público, impulsandoos a formar parte da mudanza cara un mundo máis xusto, equitativo e sostible.   

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Benito e Rufina
9 de agosto, 12:00
Praza Alcalde Rojo Losada - Monterroso - Lugo
Peque Disco Moc Moc and remember temazos 90-2000
9 de agosto, 18:00
Carballeira de Ribadumia - Ribadumia - Pontevedra
Brincadeiras da lingua
9 de agosto, 18:30
Club Fluvial de Begonte - Begonte - Lugo
Henriko o feiticeiro
9 de agosto, 19:00
Xardíns do Toural - Vilar de Barrio - Ourense