Evento: Estremonías da silva

Estremonías da silva
sábado, 23 agosto, 2025 - 20:00
Praza do Camiño,
Portomarín

Estremonías da silva

Espectáculo de teatro a cargo de LÎLÂ Teatro

A Silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.

Ó seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos.. as Amoras. 

..Cantos Amores prenderon nunha Silveira.. Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil.  É de unha aldea que se chama Sobrado. Disque non se da ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de“Curuxa dos inxenios”, en honor a Lope de Vega, creador de Silvas.

A Silva é unha estrofa poética precursora do verso libre. Tamén é unha escolma de escritos de temas diversos que aparentemente non gardan ninguna relación entre sí..

En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras  agardando o  momento de seren rescatados..

..As amoras están cheas de tinta..

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés