Evento: Frida
Frida
FRIDA é unha peza dirixida ao público familiar onde a través do corpo en movemento, títeres e obxectos poñemos en valor o poder transformador da arte. Reconstruímos cadros vivintes a través da danza e movemento de obxectos, onde a música xoga un papel fundamental. Trátase dun espectáculo poético, colorido e con moita, moita vida. Anxo García é o encargado de deseñar os títeres e seleccionar os obxectos que aparecen na obra. Frida era unha gran contadora de historias e botaba man dun pequeno teatriño de títeres para representalas. Contaremos con títeres tradicionais e con obxectos. Olga Cameselle é a encargada de coreografar as danzas e movementos que nos levan á recreación dos cadros. A música está a cargo do compositor Manuel Paino.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



