Evento: Mar á vista

Mar á vista
xoves, 10 xullo, 2025 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Mar á vista

Unha actividade para que a cativada vexa diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dunha maneira diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á cativada e que a súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de maneira natural.

Esta actividade é un xogo de recoñecemento de diferentes especies mariñas a partir dunha pintura de Urbano Lugrís. As nenas e nenos irán descubrindo o universo pictórico do artista así como a representación dos elementos na pintura.

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 7 anos

Inscricións: Teléfono 886 151 101; museo.masso@xunta.gal

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Campamento con monicreques
30 de xuño a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola