Evento: Compostela Convive

Compostela Convive
xoves, 17 xullo, 2025 - 19:00
Travesía de Altamira,
Santiago de Compostela

Compostela Convive

O Concello de Santiago, a través da Unidade Municipal de Atención ás Migración, e a Plataforma polo Emprego poñen en marcha o programa “Compostela Convive”, unha iniciativa que procura promover e fomentar a co...

No mes de xullo, Compostela Convive centrarase na gastronomía, con tres xornadas na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos para coñecer petiscos de diferentes países do mundo. 
A primeira, o 3 de xullo, será un obradoiro de elaboración de kimchi, un prato coreano, con Sara Kim do restaurante NuMaru. O 10 de xullo tomará o relevo Tomás Rubio, do restaurante A Viaxe, para unha degustación de petiscos da cociña peruana e galega; e o 17 de xullo a última xornada será unha degustación de petiscos da cociña tradicional senegalesa con Kike Piñeiro, de A Horta d’Obradoiro, que estará acompañado por Moussa Fall e Cissokho Sadio, estudantes de cociña no C.I.F.P. Compostela.
As xornadas, todas elas ás 19.00 horas, son de balde pero teñen o aforo limitado a 15 persoas. Para asistir é preciso inscribirse previamente no mail compostelaconvive@gmail.com
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense