Evento: Concerto Singular

Concerto Singular
sábado, 19 xullo, 2025 - 21:00
Escolas Vellas,
Xunqueira de Ambía

Concerto Singular

Espectáculo de teatro a cargo de Píscore

PREMIO DO PÚBLICO DE FESTICLOWN 2018.

ESPECTÁCULO MELLOR VALORADO NOS DOMINGOS PRINCIPAL 2018.

 Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. 

 Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar ao público de todas as idades  apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Concerto Punkinfantil
18 de xullo, 12:00
CPI Pío Cabanillas - Dozón - Pontevedra
Por que é salgada a auga do mar?
18 de xullo, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña
Concerto
18 de xullo, 20:00
Campo do Souto - Amoeiro - Ourense
As palabras perdidas
18 de xullo, 20:00
Figueirido - Vilaboa - Pontevedra