Evento: Chistes que foron contos

Chistes que foron contos
domingo, 6 xullo, 2025 - 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme,
Barreiros

Chistes que foron contos

Espectáculo de teatro a cargo de Avelino González

 Un mazo de contos random que se contan hoxe en día como chistes, pero antes foron contos e son contados dende hai moito tempo. Proba de que son bos!

Saben o do perruqueiro que preguntou ó cliente como quería que lle cortase o pelo? É dos máis vellos do mundo.
Saben o do home que tomaba á súa muller por parva? Agora é un conto moi feminista.
Saben o do home que quixo morrer rodeado de curas? Agora cóntase con políticos.
Saben o do ...

Mudaron as formas pero non o fondo: entreter, facer rir. 
Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son ... moi modernos!  
Por iso mola contalos hoxe, porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo.

E o bo que é rir. LOL!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Novas tolemaxias
31 de xullo, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña
Con lingua propia
31 de xullo, 12:00
Praza do Centenario - Ribeira - A Coruña
As aventuras de Pituquito
31 de xullo, 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada - Monterroso - Lugo
Home Orquestra
31 de xullo, 19:00
Praza do Toural - Vilar de Barrio - Ourense