Evento: Ikigai

Ikigai
sábado, 12 xullo, 2025 - 22:00
Praza do Concello,
Ribeira
Espectáculo de novo circo a cargo de SU.MA

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

 Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

 Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. ¿Que te impulsa a seguir? ¿a erguerte cada dia como se fose novo? ¿Que fai que esperte  o teu sorriso?

 ¿Cal é o teu Ikigai?

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
O último que apague a luz
15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña