Evento: Alfabeto Castelao
Alfabeto Castelao
Seguindo o abecedario percorreremos un camiño, cheo de compromiso e defensa do país. Dende a pintura, a literatura e a política achegarémonos ao universo Castelao.
No 2025 conmemoramos o 75 aniversario da morte de quen foi un dos fundadores da Galiciana que hoxe vivimos.Non é doado sintetizar a obra inmensa dun home que foi novelista, dramaturgo, ensaísta,etnógrafo, debuxante, pintor, teórico da arte e político.Por iso a función artéllase dende o abecedario onde cada letra agocha, contos, anacos de textos teatrais e artigos.O “Alfabeto Castelao”, procura achegar a rapazada e tamén a mozos e adultos, o legado do gran intelectual galego que defendeu sempre a necesidade de construir unha arte e cultura propia na lingua do seu país.Os textos adáptanse a diferentes idades, e acompáñanse de proxeccións da obra pictóricae gráfica (para sesión en idade escolar)
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



