Evento: Egeria : exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López

Egeria : exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López
luns, 2 xuño, 2025 a luns, 16 xuño, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Egeria : exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por Egeria, GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua) e a a Real Academia
Galega.

Esta exposición itinerante é a sucesora dunha primeira mostra que percorreudesde o ano 2013 máis de 20.000 quilómetros, pasando por numerosas  cidades e localidades galegas, e visitando a Casa de Galicia en Madrid, as Universidades de Granada, Deusto e Estremadura e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León, Vitoria, Llodio, Las Palmas de Gran Canaria, Sevilla ou Valladolid, e chegou tamén a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa e as Universidades do Minho (Braga) e Algarve (Faro)
Lisboa e as Universidades do Minho (Braga) e Algarve (Faro).

Está composta por doce paneis nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes en Cataluña.

 

Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se acaba de presentar a XXXI edición.

Data e hora: do 2 ao 16 de xuño, de 9.00 h a 21.00 h Sábados de 10.00 h a 14.00 h.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia