Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 16 xuño, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Alén do Macizo Galaico

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo neste primeiro semestre do ano, David Fernández Abella será o relator a cargo de "Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior".

Proxectos como o Sikait Project, centrado no estudo da vella Mons Smaragdus (hoxe Parque Nacional de Wadi Gemal) en Exipto, coñecida pola extracción de berilo verde (esmeralda) no Imperio Romano, nos permiten coñecer os traballos de investigación e posta en valor do patrimonio doutras culturas e rexións por parte de profesionais de Galicia.

David Fernández Abella é historiador pola USC, DEA en arqueoloxía pola mesma Universidade, é máster en arqueoloxía náutica e subacuática pola UBA, ademais de mergullador profesional polo Centro de Formación profesional Náutico Pesqueira de Santander. Xerente da empresa Argos S.A.S. S.L dende o 2007, ten realizado máis dun centenar de proxectos arqueolóxicos en Galicia e outros puntos de España, así como participado en actuacións arqueolóxicas en Portugal, Italia, Grecia e Exipto. Pais este no que é integrante do Sikait Project, misión arqueolóxica da Universitat Autónoma de Barcelona en Exipto.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde