Evento: ENCONTRO LECTOR

  • Eva Mejuto_Encontro lector_2 xuño
ENCONTRO LECTOR
luns, 2 xuño, 2025 - 12:00
Biblioteca do Concello de Rairiz de Veiga,
Rairiz de Veiga

ENCONTRO LECTOR

De onde veñen os libros? Unha viaxe polo mundo a partir dos contos.

Eva Mejuto, autora especializada en literatura infantil e xuvenil, fará un percorrido pola historia do libro e da lectura, cunha maleta chea de contos de distintos formatos.

Con ela falaremos dos distintos tipos de libros, de como ler coas imaxes, do proceso creativo para facer un libro e percorremos Galicia e distintos países de Europa a partir de tres contos populares con adaptación literaria propia:

  • CORRE CORRE CABACIÑA
  • A CASA DA MOSCA CHOSCA
  • DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos.

​​​​​​​Agardámoste!

DATA: 2/06/2025
HORA: de 12:00h a 13:00h
LUGAR: Biblioteca do Concello de Rairiz de Veiga

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola