Evento: Masterclass Carlos Castillo

Masterclass Carlos Castillo
sábado, 7 xuño, 2025 - 11:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Carlos Castillo, 2025

CARACAS, CAPITAL DO SUPER 8 MUNDIAL

 

No medio da riqueza e a efervescencia cultural da Caracas dos anos 70, xurdiu a que se convertería nunha cita de relevancia histórica: o Festival de Novo Cine Super 8. Fundado por Julio Neri e Mercedes Márquez, e máis adiante dirixido por Carlos Castillo, o festival upou unha escena de artistas que elixiron o Super 8 como medio de expresión das súas inquedanzas creativas: o propio Castillo e tamén nomes como Rolando Peña, Carlos Zerpa e Diego Rísquez, entre outros; do mesmo xeito, tróuxose a Venezuela o traballo de figuras clave do cinema experimental. Nesta masterclass, Carlos Castillo dará conta da historia e as obras desta escena de cinema en Super 8 que converteu Caracas en epicentro artístico latinoamericano e mundial.

 

Foto: Vasco Szinetar.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal