Evento: Humor para mudar o mundo. Que graza!
Humor para mudar o mundo. Que graza!
luns, 2 xuño, 2025 a luns, 30 xuño, 2025
Praza de Salvador Parga,
Santiago de Compostela Humor para mudar o mundo. Que graza!
Exposición de Pepe Carreiro organizada pola Asociación Cultural O Galo.
Composta por 50 obras, ‘Humor para mudar o mundo. Que graza!‘ é un título que recolle o que pretende Pepe Carreiro, coa súa forza creativa nas súas dúas sentencias: unha primeira, frase en serio e pretensiosa (Humor para mudar o mundo), que logo, na segunda, cunha contestación burleira (Que graza!) rebaixa as ínfulas da primeira parte e lle dá un baño de realidade.
Mostra organizada pola Asociación Cultural O Galo.