Evento: O último que apague a luz
O último que apague a luz
O último que apague a luz
Espectáculo de novo circo a cargo de A Vela Circo
Desde o humor e o circo este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar?
Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o por que de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis desternillantes que podas imaxinar. Neste ritual como en toda gran voda entremézclanse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamiento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

6 de agosto, 20:00
Alameda de Vilaza - Monterrei - Ourense

7 de agosto, 19:30
Área Recreativa Río Furelos - Melide - A Coruña

7 de agosto, 20:30
Praza do Concello - O Pino - A Coruña