Evento: Tavole

Tavole
sábado, 30 agosto, 2025 - 22:00
Praza do Concello,
Ribeira
Espectáculo de novo circo a cargo de Circo Chosco

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.

Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.
Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarse
a unha mesa a pensar e reflexionar, é ahí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como sair de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen!

Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.

Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Mil maxias máis
23 de xuño, 18:00
Parque dos Tilos - Teo - A Coruña
Circo de lume
23 de xuño, 21:00
Campo da Torre - Caldas de Reis - Pontevedra
Pachamama
23 de xuño, 22:30
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra
Otros aires
25 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña