Evento: Andaina Nocturna Solidaria "Un Raio de Luz"
Andaina Nocturna Solidaria "Un Raio de Luz"
Andaina Nocturna Solidaria "Un Raio de Luz"
Andaina nocturna solidaria de 3 km polas rúas da cidade vella, unha ruta
guiada diferente e chea de misterio. O beneficio do que se recade vai para a
investigación da enfermidade de Dent no Nefrochus do IDIS, e...
Andaina nocturna solidaria de 3 km na que nos adentraremos en recunchos pouco coñecidos, simboloxía oculta e lugares con historia que moitas veces pasan desapercibidos... Un evento solidario enmarcado no programa Santiago en Vivo.
A camiñada estará guiada por un guía especializado que nos amosará eses espazos "raros" de Santiago —un xesto solidario en favor de Art for Dent, a asociación beneficiaria do evento, que loita por dar visibilidade á enfermidade de Dent, unha patoloxía rara que afecta ao funcionamento dos riles.