Evento: Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX

  • Conferencias sobre Maruja Mallo no Museo de Belas Artes da Coruña
Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX
xoves, 22 maio, 2025 - 19:00
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX

Ciclo de conferencias que ven homenaxear a esta artista única ao longo do segundo semestre do ano

Ciclo de conferencias dedicado a Maruja Mallo, figura clave das vangardas artísticas do século XX e unha das creadoras máis relevantes da cultura galega e española.

Baixo este título, o ciclo pretende afondar nas múltiples facetas da artista a través da visión de especialistas en diferentes ámbitos. Este será o programa:

- Xoves, 22 de maio
"Maruja Mallo: metade muller, metade marisco"
Proxección do documental homónimo e coloquio
Antón Reixa (Escritor e músico)

- Xoves, 12 de xuño
"Maruja Mallo: a súa conexión permanente con Galicia"
Carme Vidal (Xornalista)

- Mércores, 8 de outubro
"Imaxinarios transatlánticos. Maruja Mallo e o nadal como motivo artístico"
Carmen Gaitán (Científica Titular no Instituto de Historia do CSIC)

- Mércores, 12 de novembro
"Os mares de Maruja Mallo"
Patricia Molins (Museo Reina Sofía. Comisaria da exposición "Maruja Mallo: Máscara y compás" presentada en 2025 no Centro Botín de Santander e no Museo Reina Sofía).

- Mércores, 3 de decembro
"Mortal e deusa. As 14 almas de Maruja Mallo"
José Luis Ferris (Escritor e biógrafo de Maruja Mallo)

 

Entrada libre ata completar aforo.

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro “Reflexiones de un felino en el aire”
20 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense