Evento: Danza 3 | O Fiadeiro

  • Danza 3 Boqueixón
Danza 3 | O Fiadeiro
domingo, 18 maio, 2025 - 13:00
Campo de Oural,
Boqueixón

Danza 3 | O Fiadeiro

Actuación da agrupación O Fiadeiro, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional O Fiadeiro sae ao encontro do público no Campo do Oural, Boqueixón, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 13ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición do ciclo percorrerá distintas localidades galegas ata o mes de outubro con actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes no que este ano se inclúen tamén actuacións de charangas e pandeiretas. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Arde Lucus
12 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande
Festa do Boi
14 de xuño a 22 de xuño
Romaría de Santo Hadrián
20 de xuño a 22 de xuño
Varios espazos