Evento: Galicia Escena PRO: Vitória

  • Vitória
Galicia Escena PRO: Vitória
luns, 2 xuño, 2025 - 16:30
Teatro Principal,
Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Vitória

Iria Pinheiro

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.

 

Coprodución co Auditorio Municipal de Cangas e A Casa da Esquina (Coímbra) e co apoio da Câmara Municipal de Valença do Minho

 

Autoría: Iria Pinheiro

Dirección: Susana Villaverde, Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro

Elenco: Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro

Escenografía: Abalo&Pinheiro

Iluminación e son: Daniel Abalo

Vestiario: Atôla

Música: Mónica de Nut, DJ Concha

Apoio á dramaturxia: Vanesa Sotelo, Ricardo Correia

Axudante de dirección: Susana Villaverde

 

ADULTO

TEATRO DOCUMENTAL E CABARÉ

60 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información

Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO

Galicia Escena PRO: Trïade 
2 de xuño, 18:00
Praza de Mazarelos - Santiago de Compostela - A Coruña
Ubasute
Galicia Escena PRO: Ubasute
2 de xuño, 20:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña
Bulebule
Galicia Escena PRO: Bulebule
3 de xuño, 11:00
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
todo lo posible
Galicia Escena PRO: Todo lo posible
3 de xuño, 12:00
Auditorio Abanca - Santiago de Compostela - A Coruña