Evento: Presentación en Muros de "Sentinelas no limiar das tebras"
Presentación en Muros de "Sentinelas no limiar das tebras"
Presentación en Muros de "Sentinelas no limiar das tebras"
O venres 16 de maio celebrarase unha presentación moi especial da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras".
Dentro do "Mes das Letras", organizado polo Concello de Muros, o venres 16 de maio celebrarase unha presentación moi especial da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras" na Antiga Fábrica de Sel da man de Alexandre Senande, un dos autores deste cómic de fantasía, misterio e mitoloxía galega (que xa vai pola segunda parte) onde dous mundos, o real e o fantástico, se entrelazan para ofrecer unha aventura épica. Unha lectura imprescindible para quen goza dos mundos de fantasía e da nosa tradición oral.
Ao finalizar haberá unha sesión de sinaturas por parte do autor.