Evento: Fala, fala, falangueira
Fala, fala, falangueira
Fala, fala, falangueira
Unha peza de Matrioshka Teatro
Matrioshka Teatro presenta no FalaRedes unha proposta escénica dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos e as súas familias que xira arredor da transmisión da lingua. Inspirada en poemas, cantares tradicionais, cartas, contos… a peza desenvólvese como unha sucesión de xogos. Cunha narrativa aventureira, divertida e máxica, combinada con elementos de teatro físico, cancións, narracións e factores sorpresa, así como co simbolismo da iluminación, transmitirase a mensaxe de que cómpre usar con orgullo a lingua galega.
Fala, fala, falangueira chegará esta primavera a oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Outras datas
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Auditorio Municipal
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Edificio Multiúsos
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Teatro da Beneficencia
Máis eventos do ciclo FalaRedes

3 de maio, 20:00
Centro Sociocultural Valadares - Vigo - Pontevedra

9 de maio, 18:00
Comunidade de Montes A Tinoura - Moaña - Pontevedra

9 de maio, 19:00
Praza Agramuíña (en caso de chuvia do Centro Social Escarabote) - Boiro - A Coruña

10 de maio, 12:00
Praza do Señor Afrani - Silleda - Pontevedra